¿Quenes somos?

O programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (UNIEMPRENDE), co apoio e o respaldo da propia Universidade e do seu Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía, pon en marcha a Escola de Negocios UNIEMPRENDE (E.N.U.)
A E.N.U. nace coa dobre vocación de:

  • comparti-la experiencia e o saber adquirido no seu labor diario de asesoramento e apoio á creación de empresas no eido universitario.
  • e convertirse nun punto de encontro entre Universidade e empresa e referente formativo en materia de xestión empresarial.

A Escola de Negocios UNIEMPRENDE e as súas entidades colaboradoras ofrecen aos emprendedores e promotores de Iniciativas Empresariais, aos membros da comunidade universitaria, aos responsables e técnicos das unidades de creación de empresas e transferencia de tecnoloxía e aos profesionais de empresa, unha amplia gama de servicios que van desde a formación en materia de creación e xestión de empresas ata o asesoramento financieiro, a consultoría e a mentorización de proxectos. E todo elo, coa finalidade de:

  • impulsa-la posta en marcha e desenvolvemento eficaz de proxectos empresariais.
  • e contribuir á adquisición, mantemento e mellora das competencias necesarias para garanti-la reciclaxe profesional e a empregabilidade ó longo da vida.