1. TALLER DE CREATIVIDADE APLICADA A EMPRESA

    Vivimos nunha época marcada polo cambio continuo e acelerado, tanto nos aspectos sociais e tecnolóxicos como nos negocios. Para facer frente a esta situación é esencial coñecer e aplicar os fundamentos teóricos, metodolóxicos e expresivos  do campo da creatividade. As empresas exitosas saben que a creatividade é hoxe en día a principal vantaxe competitiva, xa sexa polo diseño e innovación dos productos ou pola pericia demostrada á hora de ofertar valores engadidos no servizo ou na solución das dificultades que poidan afrontar os clientes. Toda persoa posee un potencial creador, pero na maioría dos casos non chega a desenvolvelo.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Mer, 29/04/2009 - Xov, 30/04/2009

  2. PROTOCOLO EMPRESARIAL

    O protocolo cando é acertado é natural, revaloriza e embelece calquera acto, ofrecendo unha imaxe óptima da empresa organizadora. Neste novo enfoque, o protocolo deixa de ser un mero instrumento para a implementación de normas e regras de cortesía e etiqueta, para pasar a convertirse nunha útil e valiosa ferramenta de dirección e xestión estratéxica a considerar por calquera organización que desexe mellorar o seu rendemento e sobrevivir a longo prazo.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Mer, 01/04/2009 - Xov, 02/04/2009

  3. A INNOVACIÓN COMEZA POR "P" DE PERSOAS

    Pretendemos abordar a innovación non soamente como un proceso ceñido aos aspectos tecnolóxicos das empresas, senón dende outros ámbitos como os mercados e a xestión das persoas de cara a afrontar os novos retos do futuro.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Mer, 13/05/2009 - Xov, 14/05/2009

  4. PRESENTACIÓNS EFICACES EN PÚBLICO

    Falar en público é un dos maiores temores da maioría de persoas, pero só porque descoñecen as técnicas básicas para realizar con éxito unha exposición ante un auditorio.
    ¿Queres aprender a realizar unha óptima presentación? ¿Queres conectar mellor coa audiencia e convencer a potenciales clientes? ¿Queres incrementar a túa seguridade e confianza en relatorios, reunións ou presentacións?

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Lun, 09/11/2009 - Mar, 10/11/2009

  5. XESTIÓN DE CONFLITOS

    Todos pensamos dunha forma determinada e, se con frecuencia entramos en conflito con nós mesmos, ¿cómo non facelo cos demais?. Atopar a forma de negociar e resolver estas diferencias proporcionaranos pasos decisivos na toma de decisións que poidan afectar a nivel empresarial e personal.
    Atopar de forma axeitada os obxectivos propostos desenvolvendo a capacidade de relacionarnos competentemente cos demais, axudaranos a afrontar conflitos que poidan intervir en calquera relación.

    duración: 
    8 HORAS
    Fecha: 
    Xov, 29/10/2009

  6. PROGRAMA DE COACHING DIRECTIVO

    O uso do coaching de directivos/as está aumentando de forma impresionante; líderes de todo o mundo teñen sesións de coaching. Estamos falando dunha poderosa ferramenta para o cambio que axuda a persoas e a equipos a que aflore todo o potencial preciso para o seu óptimo desenvolvemento persoal e profesional.

    duración: 
    18 HORAS
    Fecha: 
    Mer, 21/10/2009 - Mer, 25/11/2009

  7. MARKETING E TÉCNICAS DE VENDA

    Vivimos nun entorno económico altamente competitivo que obliga as empresas a facer un esforzo especial para alcanzar a satisfacción das necesidades dos clientes. Pero conseguilo só é posible aplicando con rigor e profundidade as diferentes ferramentas estratéxicas das que dispón o marketing, que aportan as pymes unha visión dinámica e actual, o que lles permite dar respostas prácticas os permanentes retos do mercado.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Mer, 23/09/2009 - Xov, 24/09/2009

  8. NEGOCIAR CON ÉXITO NO BANCO

    A xestión de riscos financieiros resulta de extrema importancia para unha eficiente inversión na actividade empresarial. Para esto, o equilibrio do binomio mínimo coste/máxima rentabilidade é de extrema importancia, sobretodo nestes tempos de crise. ¿Queres entender a realidade do proceso de negociación bancaria? ¿Queres coñecer cales son as túas posibilidades de negociación e cales son os intereses reais do banco na súa relación comercial coa empresa?

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Mar, 26/05/2009 - Mer, 27/05/2009

  9. XESTIÓN EFICAZ DO TEMPO E DO ESTRÉS

    Aprender a xestionar mellor o noso tempo de traballo permitiranos ser máis efectivos no profesional, manexar de forma máis eficaz e conciliadora a nosa  vida familiar e diminuir a tensión, a ansiedade e o estrés que o traballo mal xestionado pode provocar na nosa saúde.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Lun, 20/04/2009 - Mar, 21/04/2009

  10. FORMANDO LÍDERES: O AUTOCOÑECEMENTO E AS COMPETENCIAS DIRECTIVAS

    Nun entorno empresarial tan dinámico e competitivo como o actual, non basta con ter coñecementos técnicos. Hoxe en día valórase cada vez máis que as persoas que forman parte das organizacións desenvolvan e potencien competencias ou habilidades conductuais que favorezan a súa efectividade. Esta acción formativa está orientada a potenciar os coñecementos, habilidades e actitudes requeridas para o desenvolvemento eficaz de tareas de xestión e dirección obtendo o máximo de capital humano do noso equipo de traballo ou organización.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Mer, 25/03/2009 - Xov, 26/03/2009