1. Seminario "Xestión do tempo: ¿Cómo deixar de apagar lumes?"

    Para poder realizar o noso traballo eficazmente necesitamos chegar a realizar as tarefas necesarias de forma automática; é dicir, convertíndoas en hábitos. O problema é que, tarde ou cedo, moitos deses hábitos xa non son eficaces, pero, aínda así, seguimos manténdoos, convertíndonos en prisioneiros deles. A pregunta a que intentamos atopes resposta neste seminario é previsible: ¿Cómo aprender a que ese aliado non se convirta no noso inimigo?
    No noso desempeño profesional hai algo que inflúe por encima das habilidades técnicas e sociais: "as cousas que facemos". Se enchemos o noso tempo de tarefas máis productivas, de acordo cos nosos verdadeiros obxectivos, conseguilos convertirase nunha tarefa máis doada.

    duración: 
    12 HORAS
    Fecha: 
    Xov, 28/10/2010 - Ven, 29/10/2010

  2. Seminario "Aprender a falar en público"

    O medo a "presentar en escea" aqueles coñecementos adquiridos, e en multitude de ocasións, moi preparados fan que as nosas exposicións sexan dubidosas e deleznables. Por tod elo, cremos convinte coñecer, comprender e dominar esta inseguridade e facer que esta didáctica sexa de enorme interese e utilidade para tódolos colectivos da sociedade, "a falta de habilidades na expresión oral resulta hoxe, máis que nunca, un hándicap decisivo na proxección persoal e profesional de calquera persoa".

    duración: 
    30 HORAS
    Fecha: 
    Lun, 19/04/2010

  3. Almorzo formativo "A negociación: ¿Cómo influir mediante a escoita?"

    A forma máis segura de acadar os verdadeiros intereses propios e da outra parte é mediante a información, a auto-reflexión, a observación e a escoita do outro (o que chamaremos escoita 100%). A información constitúe o principal poder na negociación e, unha parte fundamental, é a que obtemos na propia conversa coa outra parte. Pero para elo debemos practicar un tipo de escoita máis profunda a que habitualmente empregamos, utilizando todos os nosos recursos de estratexia e/ou emocionais

    duración: 
    1 HORA E MEDIA (ao finalizar este período disporase de media hora de café de intercambio)
    Fecha: 
    Ven, 30/04/2010

  4. Almorzo formativo "A negociación: Conseguir acordos de alcance eludindo a confrontación"

    A evolución conséguese gracias a que existen os conflitos e unha capacidade clave para as persoas: a negociación.
    Manterse inflexible nunha posición pode dar un beneficio a curto prazo pero iso non é negociar... É importante tamén conseguir que a outra parte se convirta nun aliado. ¿É entón preciso ceder sempre? ¿É o máis doado, pero insostible?... ¿Cómo superar este dilema?

    duración: 
    1 HORA E MEDIA (ao finalizar este período disporase de media hora de café de intercambio)
    Fecha: 
    Ven, 05/03/2010

  5. Seminario "Do coñecemento científico ao mercado: claves para a creación de valor en biotecnoloxía"

    Bic Galicia, en colaboración coa Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza, dentro do programa de actividades formativas gratuitas para o ano 2010 e no marco do proxecto Bioemprende, este Seminario cuxos obxectivos principais son:
    - Facer entender as palancas económicas que permiten transformar coñecemento en valor
    - Analizar as motivacións dos diferentes protagonistas
    - Repasar certas leis inmutables que, ao estilo das de Murphy, rixen todos os aspectos do longo camiño que vai dende o descubrimento ata a súa aplicación sistemática en forma de producto ou servizo, para mellorar a calidade de vida das persoas

    duración: 
    12 HORAS
    Fecha: 
    Mar, 23/11/2010 - Mer, 24/11/2010

  6. Seminario "Financiación de proxectos I+D+I relacionados coa biotecnoloxía"

    Bic Galicia, en colaboración coa Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza, dentro do programa de actividades formativas gratuitas para o ano 2010 e no marco do proxecto Bioemprende, este Seminario cuxo obxectivo principal é familiarizar a os asistentes co proceso de creación dunha empresa biotecnolóxica xurdida a partires dos resultados xerados nun entorno público de investigación, particularizando nos mecanismos de financiación tanto pública como privada existentes, para contribuir a súa viabilidade financieira. Os asistentes terán a oportunidade de interactuar con directivos de empresas de base tecnolóxica creadas a partires de resultados de investigación xerados nas universidades galegas.

    duración: 
    12 HORAS
    Fecha: 
    Xov, 11/11/2010 - Ven, 12/11/2010

  7. "Opcións de protección dos dereitos de propiedade industrial e intelectual asociados a empresas biotecnolóxicas"

    Bic Galicia, en colaboración coa Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza, dentro do programa de actividades formativas gratuitas para o ano 2010 e no marco do proxecto Bioemprende, este Seminario cuxo obxectivo principal é demostrar que o sistema de propiedade intelectual pode ser empregado para protexer e comercializar os dereitos de propiedade industrial no campo da biotecnoloxía. Preténdese que os asistentes o mismo, adquiran coñecementos sobre os diversos instrumentos legais relacionados coa protección das invencións biotecnolóxicas, os signos distintivos e os dereitos de autor.

    duración: 
    16 HORAS
    Fecha: 
    Xov, 04/11/2010 - Ven, 05/11/2010