Obxectivos

A Escola de Negocios UNIEMPRENDE, que baseará a súa actuación nos principios de proximidade, profesionalidade, experiencia e compromiso, terá como obxectivos fundamentais os que seguen:

  •  Estimular e fomenta-lo desenvolvemento das actitudes, habilidades e capacidades básicas para emprender.
  •  Contribuir á difusión da cultura emprendedora e á percepción positiva do papel de axente socioeconómico xogado pola Universidade, emprendedores e empresarios.
  •  Apoia-la creación de empresas xurdidas da actividade de investigación universitaria como instrumento básico para a xeración de emprego e a transferencia de tecnoloxía e coñecementos á sociedade.
  •  Achega-la Universidade á Empresa e viceversa, promovendo ámbitos de encontro e o establecemento e mantemento de redes de contacto e cooperación.
  •  Facilita-lo acceso á formación especializada e de calidade en materia de xestión empresarial que favoreza a adquisición de novas competencias e a reciclaxe profesional.
  •  Prestar servizos de información xeral a través da web e servizos de información e orientación especializados.
  •  Ofrecer apoio e asesoramento técnico especializado a través da propia E.N.U. e das súas entidades colaboradoras.
  •  Colaborar con outras institucións e axentes sociais que compartan os nosos obxectivos e eidos de actuación.