Ámbitos actuación

FORMACIÓN
As actividades formativas relacionadas coa creación e xestión empresarial constitúen o pilar básico sobre o que se sustentan as actividades da Escola de Negocios UNIEMPRENDE, que conta para o desenvolvemento eficaz desta actividade, coa bagaxe e a experiencia proporcionada polo asesoramento diario a emprendedores e a práctica docente da Universidade.
A información impartida irá orientada a catro tipos de público obxectivo:

  • emprendedores e promotores de iniciativas empresariais, aos que se dotará de coñecementos básicos necesarios para elabora-lo “plan de empresa” e poñer en marcha o negocio.
  • técnicos das unidades de creación de empresas e transferencia de tecnoloxía, aos que se adestrará na detección de tecnoloxías susceptibles de transformarse en iniciativas empresariais, proporcionándolles á par as ferramentas e coñecementos necesarios para desempeñar eficazmente o seu labor de dinamización, captación e asesoramento a emprendedores.
  • membros da comunidade universitaria, aos que se lles brindará a oportunidade de achegarse á realidade empresarial, completa-la súa formación, adquirir novas competencias e incluso reorienta-la súa carreira profesional.
  • e profesionais de empresa, aos que se lles ofrecerá unha formación que lles permita mellorar e actualiza-las súas competencias, reciclarse procesionalmente e mante-la súa competitividade nun mercado laboral tan dinámico e cambiante coma o actual.

 
DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA
Entre as actividades da Escola de Negocios UNIEMPRENDE se atopa tamén a organización de seminarios de difusión da cultura emprendedora, a participación en xornadas e feiras temáticas e a colaboración en proxectos nacionais, comunitarios e inclusive internacionais que fomentan e apoian a implementación de iniciativas empresariais.
 
ASESORAMENTO EN MATERIA DE CREACIÓN DE EMPRESAS E XESTIÓN EMPRESARIAL
O labor de asesoramento que poderá levarse a cabo directamente pola E.N.U. ou por calquera das súas entidades colaboradoras, ten por obxecto, servir de apoio e acompañar aos emprendedores nos momentos iniciais da súa andaina empresarial e orienta-los empresarios na xestión dos seus negocios unha vez iniciada a actividade. A consultoría e o mentoring serán as ferramentas básicas a utilizar na prestación deste tipo de servizos.