Seminario "Do coñecemento científico ao mercado: claves para a creación de valor en biotecnoloxía"

Bic Galicia, en colaboración coa Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza, dentro do programa de actividades formativas gratuitas para o ano 2010 e no marco do proxecto Bioemprende, este Seminario cuxos obxectivos principais son:
- Facer entender as palancas económicas que permiten transformar coñecemento en valor
- Analizar as motivacións dos diferentes protagonistas
- Repasar certas leis inmutables que, ao estilo das de Murphy, rixen todos os aspectos do longo camiño que vai dende o descubrimento ata a súa aplicación sistemática en forma de producto ou servizo, para mellorar a calidade de vida das persoas

duración: 
12 HORAS
Fecha: 
Mar, 23/11/2010 - Mer, 24/11/2010