Seminario "Financiación de proxectos I+D+I relacionados coa biotecnoloxía"

Bic Galicia, en colaboración coa Escola de Negocios Uniemprende (ENU) organiza, dentro do programa de actividades formativas gratuitas para o ano 2010 e no marco do proxecto Bioemprende, este Seminario cuxo obxectivo principal é familiarizar a os asistentes co proceso de creación dunha empresa biotecnolóxica xurdida a partires dos resultados xerados nun entorno público de investigación, particularizando nos mecanismos de financiación tanto pública como privada existentes, para contribuir a súa viabilidade financieira. Os asistentes terán a oportunidade de interactuar con directivos de empresas de base tecnolóxica creadas a partires de resultados de investigación xerados nas universidades galegas.

duración: 
12 HORAS
Fecha: 
Xov, 11/11/2010 - Ven, 12/11/2010